Identifícate aquí ou Rexístrate


Novas

"Tola atrás de ti" é o tema do verán do A polo ghit!

Sés gaña a cuarta edición deste tradicional concurso.

23/07/2010

Sés, o novo grupo da cantante María Xosé Silvar (ex - Chámalñle xis) foi a trunfadora do Apologhit 2010. Escribe así un novo nome na lista de cancións do verán: "Tola atrás de ti".

Sés

A espectacular voz de Maria Xosé Silvar convenceu a un xurado composto por Xil Ríos, que exerceu de padriño, Uxía Pedreira, Roxelio García, creador da web Festa a festa, e Uxío Broullón do pod cast Cmmons Baby!. O xurado foi moi importante na decisión final pero hai que destacar que este concurso, organizado polo portal web Vieiros (www.vieiros.org) tamén recollía as votacións do público e este non deixar de apoiar a Sés dende o primeiro día no que estivo a canción colgada na web. Así que público e profesionais da comunicación e artistas coincidiron en elixir o seu tema como cabalo gañador.

Unha alegría para unha carreira en pleno despegue.

Máis información nos enlaces.

Sobre Sés:

Logo do seu exitoso camiño con Chámalle Xis! (unha das bandas gañadoras do AcoruñaSon 2008, coa mención especial de Santiago Auserón) en 2010 María Xosé Silvar volve aos escenarios con Sés, coa súa impoñente voz e rodeada dunha banda cun son big-band americano e unha formación profesional únicos na escena musical galega: sección de metais (dous saxos e trompeta), tres coristas, teclado...  Sés é unha banda de 11 músicos liderada por María Xosé Silvar, ex cantante de Chámalle Xis!. Entre os músicos que completan Sés hai grandísimos profesionais, como Tito Calviño na guitarra, Miguel Queixas á batería, David Paz no saxofón (responsable, ademais, dos arranxos e a produción musical de Sés), Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Christian Leggiero no teclado, Octavio Vargas ao baixo e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros. Sés está producido por AiraPro, a produtora audiovisual creada en Carral polos actores coruñeses Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, entre outros.



Compartir Chuza! Menéame Delicious Yahoo Technorati Domelhor