Novas
15 cancións pasan á seguinte fase de concurso.
O concurso musical da Radio galega Vas Sacar Nota? 2010 xa ten finalistas.
27/07/2010
O pasado día 20 de xullo pecháronse as votacións da primeira fase deste concurso co que a Radio galega pretende dinamizar a creación musical en galego. Presentáronse un total de 51 temas de 51 artistas e grupos diferentes. O número total de votos ascende ata case os 20.000.
Estes son os finalistas:
“Eu son de aquí”, Niño: 588 votos.
“Rosa do mar”, Xosé Duarte: 657 votos.
“Non confíes”, Marmota Phil: 715 votos.
“Ti es dos meus”, Tonhito de Poi: 811 votos.
“Asumballe”, La Comandancia: 835 votos.
“Digan o que digan”, de D’abadás: 845 votos.
“Pulpo en Salsa”, Joselito: 883 votos.
“O mozo da nosa Maruja”, Xen Reboredo: 916 votos.
“Que nos pasou”, Pablo Costas: 1011 votos.
“Marylin”, O tren da unha: 1086 votos.
“O sangue das badaladas”, de Ycía: 1243 votos.
“O camiño das estrelas”, de Gustavo Almeida: 1362 votos.
“Festa a rachar”, de Tu mujer nos engaña: 1568 votos.
“O regge das illas”, de La Plata: 1722 votos.
“Rodaballo”, de Kallaikoi: 2017 votos.
Agora será un xurado o que elixa o tema gañador do vas sacar nota 2010. O público decidirá tamén cos seus votos quen é o gañador do premio do público e abriranse en breve varias categorías máis dentro do certame e que repartirán máis se cabe os premios deste concurso.
Tedes máis información na web www.crtvg.es
Compartir
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Nsaio, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!: punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame : esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada.
Del.ici.ous: gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en «favoritos» do noso navegador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas ou tags para compartilas con outras persoas.
Yahoo!: igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati: para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor: formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.