Rock
Mallory fórmase no ano 1990 aproximadamente cos mesmos catro compoñentes que actualmente o forman. Tras varios anos de dedicación a ensaios e concertos pola zona consiguen un contrarto discográfico coa compañía madrileña Avispa music, coa que editan os seus dous discos titulados "Mallory" no ano 2000 e "Baskerville" no 2002, con ambolos dous discos saen de xira por toda a península acompañando a bandas nacionales como Baron Rojo, Os Suaves, Mojinos escozios, Saratoga, Ñu, Beethoven R ... , participando en festivais a nivel nacional como Monsters of Rock de Aquí, en Leganés, Valdorock, Rock no Camiño (Palas de Rei), Rock in Cambre, Soria Rock ..., en definitiva mostrando o seu bo facer ao longo de toda a xeografía nacional.
Entre os anos 2005 e 2008, ante o forzado parón debido ao pouco movemento da industría discográfica,e para conmemorar o vinte aniversario da morte de Phil Lynott embárcanse nunha nova aventura musical facendo unha homenaxe aos seus idolatrados Thin Lizzy, versioneando os seus temas e volvendo aos escenarios.
Na actualidade, coas pilas recargadas, estan dispostos a sair de novo aos escenariospara mostrar ao público o que mellor saben facer: ¡¡rock n´roll!!
Hard rock dos anos 80 e 90
Fran García: Voz, guitarra e gaita
Armando DaVeiga: Guitarra e coros
Rober Martínez: Batería e coros
Fillo: Baixo e coros

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar JUEGOS PROHIBIDOS | 04:09 | 3 |
1/5 (1 votos)
|
1 | ![]() |
|
| escoitar Cierra los ojos | 05:05 | 3 |
0/5 (0 votos)
|
1 | ![]() |
Non hai galerías para este grupo
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
26.03.2009
MALLORY EN CONCERTO NA SALA MINI-BAR DE RIBADEO. O 9 DE ABRIL A PARTIR DAS 11 DA...
26.03.2009
na actualidade, Mallory está na busca de concertos para mostrar a calquera publico que o...