NSAIO

La Comandancia

Localidade:

Tui

Contacto:

Páxina web

comandancia99@gmail.com

Xénero/s

Latina

Biografía

É unha Terra cha. Terra Cha-Manatí, con canamainzo, platanomaceiras, palmeiracarballos e papatacas. Unha terra Cha con merlos brancos e vacas caribeñas. Con rumbamuiñeira, con chachachá de chascarrachás."
Manuel Rivas, Galicia, Galicia.
"La Comandancia" aparece en Tui no ano 2007, á beira do Miño, río que, como é sabido, nace en Fontemiña e desemboca en La Habana.
O grupo empéñase en facer o recorrido inverso: os seus fundadores, Fernando Lago, José R. Fernández, e Carlos Lago
(todos cunha dilatada carreira musical forxada en todo tipo de grupos, bandas e orquestas) deciden tomar o son cubano como punto de partida da súa nova aventura sonora.
Durante os anos 2007 e 2008, montan versións de temas clásicos da música cubana ( El Cuarto de Tula, Guantanamera, El Carretero, Dos Gardenias, La Vieja Molienda…), de xeito máis ou menos fiel e cunha formación tradicional: contrabaixo, tres cubano, congas e guitarra española.
Nestes anos realizan concertos por toda a xeografía galega así como pólo norte de Portugal. A natureza do seu repertorio permítelles ofrecelos tanto en salas (Salasón de Cangas, Roi Xordo de Allariz…), pubs, terrazas, etc., como en festas (Festa do bosque , Carballo…)e verbenas ( San Telmo, Tui…)ou incluso en alguna que outra boda. Igoalmente, participan en diversos festivais tanto en Galicia ( Sada,...) como en Portugal (Vilanova).Asi coma tamen no programa da asociacion dorfeu ,OUTONALIDADES 2011 con concertos nos auditorios de Chaves e estarreja
Pouco a pouco, a partir do ano 2010, vanse atrevendo a introducir arreglos propios, instrumentación menos ortodoxa (batería, guitarra eléctrica..) e novos componentes que completarán a formación actual: Roberto Santos (percusión latina), Gustavo Perez(piano e acordeon) e Gabriel Palacin (batería)
No ano 2010 deciden montar temas propios nos que siguen utilizando o son cubano como base pero introducindo elementos e arreglos propios de outros estilos musicais, ademais de intentar aderezar as súas letras con pura retranca galega. Xurden así, temas como "Me echaron droja en el colacao","Asunción", "Asumballé" ou "O silabario", dando forma a ese invento que eles mesmos chaman SON MIÑOTO.
Estes temas pasan a formar parte do repertorio nos concertos actuais do grupo, intercalándose coas versions dos clásicos cubanos.
Realizan, ademais, os videoclips de varias das súas cancións, traballos que colgan na rede coa intención de darse a coñecer.
Presentan, asimismo, os seus temas en diversos concursos e certames como o convocado pola Radio Galega: "A canción do verán do vas-sacar-nota", onde conseguen que o tema "Asumballé" se convirta nun dos máis votados e solicitados polos ointes.
No 2011 presentan o Tema O SIlabario o certame NOVO SON da Radio Galega onde obteñen o 1º Premio sendo Favorito do Publico ,una das cancion mais votadas telefonicamente.
Xa no veran de 2011 participan de novo na segunda edicion do certame VAS SACAR NOTA da Radio Galega no cal conseguen levar 1º Premio do Xurado coa cancion BATEA TROPICAL

Influencias

Buenavista social club e ,oitos mais do canionero cubano

Membros

Xose Ramon - Voz e Guitarra
Fernando Lago - Baixo e Voces
Carlos Lago - Tres Cubano e Voces
Roberto Santos - Percusion Latina e voces
Gustavo Perez - Piano,Acordeon e Voces
Gabriel Palacon - Bateria e Voces

Popularidade

1
persoas engadírono á súa lista de favoritos

Engádeo como favorito


O que opinan de La Comandancia

Non hai opinións sobre este grupo

Enviar opinión

Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.

Máis información

Páxinas amigas

- La comandancia